Un home subiu a unha cerdeira
donde cereixas había
el cereixas non tomou
el cereixas non deixou
cantas cereixas había?
Pensar é barato
Algunhas ideas para aprender a pensar
domingo, 8 de septiembre de 2013
domingo, 14 de julio de 2013
O significado das bandeiras
INGLATERRA

GRECIA

Hai quen di que as nove barras representan ás musas (as deusas da
arte) da mitoloxía grega.O azul represnta probablemente o mar.
USA

As 50 estrelas da bandeira son os 50 estados de EE.UU. e as 13
barras son as 13 colonias que formaron os Estados Unidos orixinais.
A INDIA

A cor laranxa da bandeira india simboliza a espiritualidade, o branco
a paz, o verde a fertilidade e a roda central o cambio.
CANADÁ

O vermello provén da cruz vermella do patrón de Inglaterra e o branco
do emblema da monarquía francesa, para reflexar as orixes inglesas
e francesas do país. No centro aparece a folla da árbore nacional
de Canadá, o pradairo.
SUIZA

A cruz branca sobre fondo vermello de esta bandeira cadrada
representa a cristianidade. A organización humanitaria Cruz Roja
trocou as cores para crear a sua bandeira en honor ao seu fundador,
o suizo Henri Dunant.
IRLANDA

Non hai unha versión oficial sobre o significado das cores da bandeira
irlandesa, pero moitos creen que a franxa verde simboliza ós católicos
de Irlanda e a laranxa ós protestantes que loitaron por Guillermo de
Orange a principios do sec.XVII. É posible que a bandeira tentara
reconciliar estos dous bandos.
CHINA

Cando o Partido Comunista ascendeu ao poder en China en 1949,
levou ao cabo un concurso para deseñar unha nova bandeira. No
deseño gañador, o vermello simboliza a revolución, a estrela grande
representa o Partido Comunista e as estrelas pequenas son o pobo
chino.
AUSTRALIA

As cinco estrelas pequenas son a cruz do Sur, a constelación máis
brillante do ceo australiano. A estrela de sete puntas é a Estrela da
Federación. Ten unha punta por cada un dos seus estados, e unha
séptima para os territorios de Australia.
ESPAÑA
Os catro escudos do centro da bandeira española, co castelo, o
león, as barras e a cadea, son unha homenaxe aos catro antigos
reinos de España: Castela, León, Aragón e Navarra.
DINAMARCA

A lenda di que a Dannebrog ou bandeira danesa caeu do ceo
durante unha batalla contra o exército estonio en 1219, e axudou
aos daneses a sair victoriosos. Os vexiolólogos, sen embargo,
sosteñen que a bandeira deriva dos estandartes dos cruzados
cristianos.
SUECIA

A cruz da bandeira sueca pode ser unha simple variación da bandeira
danesa, pero según unha lenda, o rei sueco Eric el Santo viu no siglo
XII unha cruz amarela no ceo azul e con este símbolo fixo a sua
bandeira.
XAPÓN

O gran círculo vermello do centro representa o sol e tamén aos
emperadores de Xapón, aos que se lles consideraba descendentes
da diosa do sol Amaterasu.
NORUEGA

Noruega converteuse en Estado independente en 1814. A cruz procede
das bandeiras de Dinamarca e Suecia, países aos que estivera
unida Noruega. As cores vermella, branca e azul inspiranse nas cores
da Revolución Francesa, que simbolizan a liberdade.
RUANDA

Ruanda adoptou unha nova bandeira en 2002. O verde representa
a esperanza de prosperidade, o amarelo o desenrolo económico, o
azul a paz e o sol a luz e a ilustración.
ALEMAÑA

As cores negra, vermella e dourada da bandeira alemana poden
remontarse ao uniforme dos soldados de principios do sec.XIX,
que levaban unha casaca negra con ribetes e botóns dourados.
ITALIA

Dise que o verde da bandeira representa a terra, o branco os Alpes
e o vermello o sangue derramada na guerra.
Oito oitos
Con oito oitos e utilizando as operacións: suma, resta, multiplicación e división forma o número 1000
jueves, 11 de julio de 2013
Duas xirafas
Por un camiño van duas xirafas, unha grande e outra pequena
A pequena é a filla da grande
Mais a grande non é a sua nai
Cómo pode ser?
Unha vez que o resolvas intenta inventar outro enigma similar pero con animais distintos
A pequena é a filla da grande
Mais a grande non é a sua nai
Cómo pode ser?
Unha vez que o resolvas intenta inventar outro enigma similar pero con animais distintos
Números perfectos e números amigos
Un número perfecto é aquel que é igual á suma dos seus divisores.
Por tanto o número 6 ou o 28 son números perfectos.
Dous números son amigos cando a suma dos divisores de cada un deles é igual ao outro.
Por exemplo, o 220 e o 284 son números amigos.
A pregunta é, como se comportan estes números na arte ou na ciencia?
Algunha idea?
Por tanto o número 6 ou o 28 son números perfectos.
Dous números son amigos cando a suma dos divisores de cada un deles é igual ao outro.
Por exemplo, o 220 e o 284 son números amigos.
A pregunta é, como se comportan estes números na arte ou na ciencia?
Algunha idea?
domingo, 7 de julio de 2013
Por qué todos os reloxos marcan a mesma hora?
Se miramos calqueira revista, xornal, cartel publicitario no que apareza un reloxo este sempre marca a mesma hora. A que crees que se debe?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)